Xestoría administrativa en Ames

Xestoría administrativa en Ames

Preocupados por brindarche o mellor servizo

A túa xestoría de confianza

Xestión Bertamiráns somos unha xestoría administrativa de recente apertura, pero cunha ampla bagaxe no mundo do asesoramento e xestión empresarial. Tras anos de especialización e un gran compromiso co noso sector, podemos brindar a cada un dos nosos clientes un servizo integral e totalmente personalizado para cada caso en relación ao noso ámbito de traballo.

Con máis de 12 anos de experiencia como economistas e en constante información, encargámonos de aspectos coma a contabilidade fiscal, tráfico... Continuamos formándonos día a día para mostrarlle un trato totalmente personalizado e acorde coas súas esixencias.

Formamos parte do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galiza, co compromiso de renovación e profesionalidade. Contacta connosco para buscar a solución máis axeitada a túa situación.

Asesoramento personalizado

Asesoramento personalizado

Buscamos una relación de confianza con cada cliente, facilitándolle a información dos casos que nos confían.

Xestores titulados

Xestores titulados

En Xestión Bertamiráns somos membros do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galiza (GA).

Consulta online

Consulta online

Podes facernos chegar as túas consultas a través da plataforma web, o noso equipo sempre está á túa disposición.

Contabilidade fiscal e laboral

Trámites con tráfico

Seguro de comunidades

Trámites co catastro

Que din os nosos clientes dos nosos servizos?

Maryves

Moi boas profesionais. Asesoran e resolven con axilidade e profesionalidade. Moi moi recomendable.

Seba

A miña muller e eu levamos anos usando esta axencia e non podemos estar máis felices. Non só o fan todo a tempo e en orde, senón que tamén se esforzan por conseguir beneficios para que un como autónomo siga medrando. Recomendoos 100%.

Tania

A mellor xestoría ca que traballei, con moita diferencia ademais. Son todos encantadores e moi atentos. A verdade e que me sería imposible poñerlles un pero, so podo agradecerlles o moito que me facilitan o traballo. Recomendables 100%.

Club Náutico Deportivo

Moi profesionais, bo trato e mellor atención. Recomendables 100 % tanto para empresas como para autónomos. Realizan xestións contables, ficais, laborais, trámites de xestión de cambio de titularidade de embarcacións, solicitudes de subvencións, etc de forma impecable e no menor tempo posible. Moi bo asesoramento en prácticamente calquer aspecto.

Centro Entelequia

Despois de varias experiencias previas, Xestión Bertamiráns marca a diferenza. Un trato moi profesional, cun equipo que coñece aos clientes. Realizan trámites con rapidez e con prezos accesibles. Un sitio moi recomendable.

Diversidad Funcional

Unha axencia próxima que sabe o que están a facer. Un tratamento exquisito e implicado coa sensibilidade arredor da diversidade funcional. Solicitamos axuda con eles e outros trámites administrativos, son efectivos e realistas sobre o que convén en cada situación.

Ponte en contacto coa nosa xestoría administrativa en Ames

Se precisas máis información acerca de tódolos servizos que prestamos en Xestión Bertamiráns, non dubides en contactar connosco. Estaremos encantados de resolver calquera cuestión que poidas ter.